Hoxe existen cada vez máis datos de que as poblacións de polinizadores están disminuindo en todo o mundo. En Europa e América do Norte descenderon alarmantemente o número de colmeas de abellas e casi todas as variedades silvestres deste insecto desapareceron. Moitas volvoretas europeas corren un serio perigo de extinción debido á modificación do uso das terras e a intensificación da agricultura.
Entre as aves e os mamíferos polinizadores de todo o mundo, están en perigo de extinción ou xa desapareceron 45 especies de morcegos, 36 especies de mamíferos non voadores, 26 especies de colibríes e 70 especies de paserinos.
Exemplos de polinizadores son as moscas, as polilllas, as volvoretas, as vespas, os escarabellos, os morcegos e os colibríes, pero son as abellas os principais axentes de polinización de cultivos. Non só os polinizadores de cultivos contribúen á seguridade alimentaria se non que o seu servicio contribúe á economía. Según Losey e Vaughan ( John E. Losey and Mace Vaughan, 2006. “The economic value of ecological services provided by insect”. BioScience 56: 311-323 ) o valor dos servicios que realizan os insectos (control de plagas, nutrición da fauna silvestre, polinización e fertilización da terra) ascende a máis 57 billóns de euros anuais. Esta cantidade xustifica sobradamente o mantemento destes sevicios. De eles, 16 mil millóns de euros anuais é o valor dos servicios de polinización. Sen embargo, Linda Collette, especialista da FAO en biodiversidade agrícola, señala que segue sen recoñecerse a función dos polinizadores en todo o mundo. Afirma que “dado que os insectos pasan inadvertidos, ou tal vez porque o sistema anteriormente funcionaba ben sen maior intervención, tanto o público en xeral como os agrónomos teñen poucos coñecementos ó respecto. O feito é que os servicios ambientais proporcionados polos polinizadores son esenciais para a producción de alimentos- tanto en cantidade como en calidade- e contribúen os medios de subsistencia de moitos labregos en todo o mundo.
A FAO ( Informe FAO, 2005 “Protección a los polinizadores”. Departamento de Agricultura, Bioseguridad, Nutrición y Protección del Consumidor. Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación ) considera que das pouco máis de 100 especies de cultivos que proporcionan o 90% do suministro de alimentos para 146 paises, 71 son polinizadas por abellas, e moitas outras por trips, vespas, moscas, escarabellos, polillas e outros insectos. Todo indica que en condicións naturais, a escasez de polinizadores é un factor máis importante para a reproducción eficaz que o que pode supoñer o clima, a fertilidade do solo ou as doenzas.
Sen embargo, existe suficiente evidencia en todo o mundo a cal indica unha disminución potencialmente grave das poboacións de polinizadores debido a moitas tensións tales como a fragmentación dos habitats, as doenzas, os parásitos e a exposición a pesticidas e a contaminación agrícola. Os pesticidas neurotóxicos neonicotinoides e outros, efectivos a niveles increiblemente baixos e altamente selectivos para insectos, están no banco dos acusados xa que non distinguen os insectos beneficiosos dos que non o son tanto.
De todos os animais polinizadores, as abellas melíferas son os únicos domesticados polo home, por este motivo a súa desaparición é constatable e cuantificable e revela a crisis dos outros polinizadores silvestres. A desaparición das abellas non é un feito aillado se non que é a punta do iceberg. Un faro que nos avisa de que nos aproximamos a un perigo se non cambiamos de rumbo.
Para responder a esta “Crisis de polinización” temida polos científicos, o Convenio das Nacións Unidas sobre a Diversidade Biológica estableceu en 2002 unha iniciativa internacional para a conservación e o uso sostible da polinizadores no ámbito do seu programa de traballo sobre a agrobiodiversidade. A FAO, organismo coordinador desta iniciativa, está preparando un proxecto PNUMA/FMAN orientado a iluminar as enormes lagunas de coñecemento sobre os servicios de polinización e iniciar boas prácticas agrícolas para a conservación dos polinizadores nunha gran variedade de zonas ecolóxicas e sistemas agrícolas. Os insecticidas e herbicidas están entre os sospeitosos.
Hoxe sabemos que a abella (Apis mellifera) e o principal axente polinizador Southwick, L.,Jr. and E.E. Southwick. 1989. A comment on “Value of honey bees as pollinators of U.S. crops”. American Bee Journal 129 : 805-807 . Pero hai outras especies de abellas involucradas nesta labor Richards, K.W. 1993. Non-Apis bees as crop pollinators. Revue Suisse de Zoologi 100 : 807-8 .
A reducción no numero de abellas así como de outros polinizadores é un feito que sufren en varias partes do mundo. Este descenso ven dado polo uso de agroquímicos, monocultivos e deforestación . Rathcke, B.J. and E. Jules. 1994. Habitat fragmentation and plant/ pollinator interactions. Current Science 65 : 273-278.